miércoles, 25 de abril de 2007

INFORME ANUAL DE XESTIÓN 2006


1. Xestión do camping
A finais do ano 2005, Luis Taboada nos informa que hai una empresa interesada na explotación do camping e solicita autorización da comunidade para negociar con eles.
Chegase a un acordo entre eles, e tamén coa comunidade de montes que, ademais mellora sustancialmente as condicións do anterior contrato vixente (maior cota e mais anos)
Coa data 10/01/2006 asinase o novo contrato coa concesionaria CAMPING DE AS CABAZAS SL por un período de 15 anos cun canon inicial de 13200 euros cun incremento anual do IPC real + 1 punto.
Ademais se lles autoriza a residir durante todo o ano na parte superior do edificio.
Queremos facer constar que a situación actual do edificio do camping e moi grave, con grandes deficiencias estructurales que hai que subsanar coa maior brevidade posible. Este novo concesionario esta disposto a investir para mellorar as instalacións. Os comuneiros, como propietarios, tamén debemos comprometernos nesto.
Este contrato ten que ser aprobado na asemblea de Comuneiros.

2. Mobilhomes
A finais do ano 2005 tentamos regularizar a situación das mobilhomes do camping xa que carecian de contrato que acreditase a súa presencia no recinto. Para iso se requeriu a tódolos propietarios para que asinasen un contrato de cesión de uso, renovable ano a ano para un maior control dos usuarios.
Ademais disto se lles notificou que estaban incumplindo as normas basicas do camping (botellas de gas enterradas, elementos fixos coma fregadoiros, antenas, tendedeiros, cementado de solos, peches, etc...) advertindolles que estaban incumplindo a normativa vixente, e que para librarnos de responsabilidades o poñeriamos en coñecemento da autoridade competente.
A raíz do traspaso da concesión e coa chegada dunha nova mobilhome a xunta de Galicia notifica o inicio dun expediente sancionador contra o Camping de “As Cabazas” pola instalación desta última mobilhome na zona de servidume sen autorización.
Por isto e unha vez confirmado que as mobilhomes estaban instaladas desde o seu inicio dunha forma irregular, a finales deste verano notificouselles que tiñan que abandonar as instalacións do camping antes do 31 de decembro de forma definitiva. Algunos propietarios xa cumpliron o requerimento o outros o farán nas proximas datas.

3. Acampada libre
Coa data 08/08/2006 presentamos un escrito no Concello de Ferrol, dirixido a Medio ambiente denunciando a acampada libre existente nos meses de verán na praias da zona, pero sobre todo na de Esmelle, solicitando que se tomases medidas ó respecto. Non houbo contestación.

4. Traballos no monte
Como ven sabedes levamos dous anos de traballos no monte. Na actualidade todavía queda por rarear algunhas zonas do monte, desbrozalo e o mais importante, o repoboamento. Esta situación foise alargando no tempo debido a algúns retrasos nos traballos e sobre todo as negociacións abertas coa Demarcación de Costas, relativas á mellora dos accesos as praias e sobro todo ó posible traslado do camping.

5. Negociacións con costas
Por petición desta Comunidade, presentada na Demarcación de costas de Galicia coa data 26/10/2006, nos envian escrito, informandonos das dúas actuacións pendentes, que afectan directamente o monte das Cabazas.
Obras de mellora nos accesos ás praias
Esta pendente de que o Concello de Ferrol remita o certificado de dispoñibilidade dos demais terreos a ocupar, e dicir os que non son da Comunidade de montes ou do dominio público marítimo terrestre. Lembramos que na pasada asemblea xeral aprobamos a cesión de terreo para aparcadoiros e carril bici, a cambio do peche do monte pola beira da estrada e o peche frontal e lateral do camping.
Proposta para ó traslado do Camping de “As Cabazas”
En canto ó camping Costas vai a remitir a valoración efectuada polos técnicos competentes á Dirección Xeral de Costas para a súa aprobación. Unha vez se produza haberá unha reunión para falar de todolos temas que implican o seu traslado.

6. Subvencións
Xustificouse e cobrouse unha subvención da deputación provincial do ano 2005 por importe de 1225 euros.
Solicitaronse no ano 2006 dúas subvencións á Deputación Provincial, unha para adquisición de mobiliario para unha area recreativa da que nos concederon 1497.60 euros pendentes de pago, e outra para a mellora das instalacións do Camping de “As Cabazas” da que non temos contestación.
Solicitouse unha subvención á Consellería do medio Rural para labouras de silvicultura no monte de “as Cabazas”.(Rozas, podas e trituración de restos). Elabourouse un proxecto técnico por medio dunha enxeñeira forestal. Todavía non houbo contestación.

7. Cesión de costas – Dominio maritimo terrestre
Como se explicou noutras asembleas tiñamos solicitado á demarcación de Costas de Galicia a cesión de uso da zona do dominio público marítimo terrestre colindante co camping.
Esta cesión denegouse e se presentou recurso Contencioso-Administrativo para evitar que finalizasen os prazos de recurso. Na actualidade os avogados revisan a documentación para valorar se e conveniente ou non esta via xudicial e facer firme ou non a demanda.

8. Pleito de Osiris
Informábamos na última asemblea xeral que o pleito con Osiris se encontraba no Tribunal Supremo, no que se presentara un recurso de Casación. Todavia estamos á espera de que o Tribunal Supremo dictamine se se admite a tramite ou non. De non admitirse o procedemento estaría rematado. Recordamos que ata o de agora todas as sentenzas foron favorables á Comunidade de montes.

9. Contencioso por IBI ó concello de Ferrol
A principios do ano 2006 presentamos recurso Contencioso Administrativo contra o Concello de Ferrol polo cobro do IBI do monte e do Camping de as Cabazas.
Coa data 20/03/2006 o xulgado contencioso administrativo de Ferrol dictou sentenza favorable para esta comunidade de montes obrigando o Concello a facer efectiva a exención dos impostos do IBI do monte e camping de “as Cabazas”
Coas datas 11/03/2006 e 04/04/2006 o concello anula os recibos de IBI pendentes de pago.
Coa data 24/05/2006 solicitamos a devolución dos recibos pagados non prescritos por un importe aproximado de 4000 euros. Todavia non houbo resolución o respecto.

10. Actividades
O 21/01/2006 celebrouse, coa nosa autorización, unha xornada do VI CIRCUITO FERROLÁN DE CARREIRAS POPULARES E CAMPO A TRAVÉS.

11. Xurado de montes
Por requerimento do Servizo de Montes e Industrias Forestais remitimos listado actualizado de comuneiros aprobado na última asemblea xeral.

No hay comentarios: