jueves, 26 de abril de 2007

INFORMACIÓN SOBRE BAIXAS DE COMUNEIROS

O pasado 17 de decembro de 2006, tivo lugar a Asemblea Xeral de comuneiros da Comunidade de montes en mán común de Covas e Esmelle.
Nesta asemblea acordouse a baixa como Comuneiro daqueles que tiveran 3 faltas de asistencia sucesivas ás Asembleas Xerais de Comuneiros.
Polo tanto, comunicámos que coa data 17/12/2006, por decisión da Asamblea Xeral de Comuneiros, causan baixa como Comuneiros desta comunidade os que estean na situación do punto anterior segundo o que permiten os artigos dos Estatutos da Comunidade que se indican a continuación:

DEREITOS E OBRIGAS DOS VECIÑOS COMUNEIROS
ARTIGO 7.-
Os veciños comuneiros teñen dereito á asistencia ás reunións da asemblea xeral con voz e voto nas mesmas,............
ARTIGO 8.-
Tódolos comuneiros ................... Deberán asistir ás reunións as que sexan debidamente convocados, e ó desempeño dos cargos para os que sexan elixidos ou designados. .......
ARTIGO 9.-
Os dereitos dun veciño comuneiro pérdense polas seguintes causas:
b).Por decisión da xunta rectora, aprobada pola asemblea xeral, ............
ARTIGO 10.-
A perda da condición de veciño comuneiro deberá ser por decisión da asemblea xeral, que tamén acordará a súa recuperación cando cesen as causas que a provocaron, non prexudicando ós causa habentes ou herdeiros que reúnan as circunstancias para obtela.

Informámoslle tamén que vostede pode solicitar de novo a alta no momento que o desexe sempre que cumpra as condicións para ser comuneiro. Esta solicitude terá efecto cando sexa aprobada pola Asemblea Xeral de comuneiros.
Atentamente,
A xunta rectora.

No hay comentarios: